SOBRE

Arturo Álvarez é deseñador, artesán e artista. Gústalle definirse como creador, un concepto que sintetiza todos os anteriores e co que sente máis cómodo e recoñecido.

Autodidacta, rebelde, sempre curioso, non lle gusta impoñer límites. Na súa traxectoria hai tres momentos definitorios. Durante os primeiros anos explora e traballa con conceptos figurativos, baseados na natureza. Nun segundo período, avanza cara á abstracción explorando formas xeométricas simples. Sen abandonar as referencias á natureza, aparece o corpo humano, un tema que se repite e no que continúa investigando ao longo dos anos. Na actualidade, Arturo Álvarez está a desenvolver novas formas de expresión e linguaxe, coa luz como tema principal e o ser humano e as súas relacións como protagonista, coas súas luces e sombras, encontros e desacordos, temas que lle preocupan e nos que profunda a partir de diferentes técnicas e materiais.

O recoñecemento do seu traballo, ao longo dos seus vinte e cinco anos de carreira, chegou en forma de prestixiosos premios internacionais e numerosos premios como innovador no campo da luz.

 

En xullo de 2020 o creador Arturo Álvarez puxo fin a unha etapa da súa vida laboral e creativa vendendo a empresa de lámpadas que fundou hai vinte e cinco anos. O seu traballo céntrase, na actualidade, na realización de esculturas, pezas únicas ou limitadas, coa luz como fío condutor. Seguirá defendendo os mesmos valores que lle deron recoñecemento internacional: honestidade, profesionalidade e unha visión humanista da vida.

Instalación especial con Leria – Euroluce 2019 (Milán, Italia)
Exposición Et facta est lux – Gas Natural Fenosa Museum, 2014 (A Coruña, España)
Exposición en Art Madrid’18 coa Galería Luisa Pita – Centro Cibeles, 2018 (Madrid, España)
Exposición Et facta est lux – Gas Natural Fenosa Museum, 2014 (A Coruña, España)

ÚLTIMAS EXPOSICIÓNS

Arturo Álvarez é un recoñecido artista español, cuxa obra foi exposta tanto a nivel nacional como internacional, desde Barcelona e Madrid, pasando por Londres e Nova York; formou parte de museos, galerías e exposicións de arte, tan importantes como DDC Galería, Arco, Mint ou Art Madrid entre otros.

  • CGAC, Centro Galego de Arte Contemporáneo. FSWD, Identidade e Territorio. Comisarias/os: Uqui Permuy, Ángel Martínez, Gloria Escribano e Juan Lázaro. 2021
  • Art Madrid. Galería Luisa Pita. Madrid, 2021
  • Art UP! Lille. Galería Luisa Pita. 2021
  •  O Alvorecer das Conversas. Galería Nave Curadoira, Lisboa. 2019
  • Formas do deseño. Galicia XXI. Galicia Audiotorium, Santiago de Compostela. Fundación DIDAC. 2019
  • Mint luminates. Mint shop gallery. Brompton Design District. London design festival. 2018
  • Light and solstice. Instalación efímera no “Areal de Berres”. Vedra. 2018
  • Spanish Masters exhibition (Salvador Dalí, Antoni Gaudí & Arturo Álvarez). DDC Gallery. Nova Iork. 2018
  • Art Madrid´18. CentroCentro Cibeles. Madrid. Galería Luisa Pita. 2018
  • Mint luminates. Mint shop gallery. Brompton Design District. London design festival. 2017
  • Soidades das falas. Galería Luisa Pita. Santiago de Compostela. 2017
  • Artwork series. ICFF Gallery. ICFF. Nova Iork. 2017
  • 12 miradas de Arturo Álvarez. Galería Vilaseco. A Coruña. Spain. 2016
  • Arts & Crafts, Design and sustainability in Galicia s.XXI. Espazo Torrente Ballester. Ferrol. 2016
  • Instalación en Arco con Dardo Magazine. Madrid 2015
  • Contradicións. Galería Adhoz. Vigo. 2015
  • Et facta est lux. Museo Gas Natural Fenosa. A Coruña. 2014
  • Instalación permanente na cafetería Ferradura. Santiago de Compostela. 2013
  • Instalación efímera no “Hostal dos Reis Católicos”. Santiago de Compostela. 2013
  • Eros. Estación de autobús. Santiago de Compostela. 2013
  • The volume of light Factoría Compostela. Santiago de Compostela. 2011
  • Concepts and designs for a new century. Museo das Artes Decorativas. Barcelona. 2007
Instalación especial con Conversas – Euroluce 2017 (Milán, Italia)

This website uses cookies so that you have the best user experience. If you continue browsing you are giving your consent for the acceptance of the mentioned cookies and the acceptance of our cookies, Click on the link for more information.

ACEPTAR
Aviso de cookies